"Hoxe durante o ensaio apareceu un paxariño na xanela e bailei só para él.
Despois dunha hora non marchaba. Sentei con coidado ó seu carón e mireino detidamente:era todo plumón e ollos; acababa de sair nun dos seus primeiros vóos!. Miroume e piou, e sen esperalo, aos brincos, posósuseme nunha perna entre arrullos.
Conmoveume de tal xeito, que nese mesmo momento xureille amor eterno.
Díxenlle que no meu esquelete de rinoceronte e plastilina, engarzaría entre meu pescozo e meu peito, o seu, seu esqueletiño de arame e de xunco."
No hay comentarios:
Publicar un comentario